Despois de cursar fotografía na Escola Ramón Falcón en Lugo, crea a súa propia empresa Falcatruada, que recibiu varios premios de innovación empresarial (Universidade de Santiago de Compostela, UNIEMPRENDE, Fundación Confederación Empresarios Lucenses, Fundación “Unha Galicia Moderna” da Coruña...). Posteriormente abandona a empresa para atopar outros proxectos máis interesantes, por ese motivo trasládase a Londres, onde estuda Medios de Comunicación para traballar de freelance en diversos proxectos.
Actualmente reside en Xapón onde realiza traballos de retrato e reportaxe.
Para máis información visitar a súa páxina web www.davidphoto.info