Ramiro Juan Álvarez Fernández


Categoría: Psicólogo, orientador de ensinanza secundaria e escritor
Data de Nacemento: 11 de febreiro de 1951
Lugar de Nacemento: Lugo

Opinión
 Currículum

Actuou como docente en diversos cursos de formación de profesorado, promovidos pola Xunta de Galicia: “Pensamento racional-emotivo do profesorado”, “Formación de profesores titores”, etc. Como formador de psicoterapeutas: “Técnicas de Focusing” e “Terapia de integración”. É estudioso das novas tendencias en Psicoloxía: terapia narrativa, psicoloxía positiva, psicoloxía construtivista e tódalas correntes punteiras en psicoterapia.

 Obras realizadas

A súa faceta como escritor desenvólvese en tres vertentes. Como divulgador de temas psicolóxicos, é autor dos seguintes libros: Para salir del laberinto, Editorial Sal Terrae, Santander, 1997 (4ª edición), Trastornos psicológicos cotidianos, Editorial Sal Terrae, Santander, 1993, Mente sana, cuerpo sano, Ed. CCS, Madrid, 1994, El chamán urbano, Ed. CCS, Madrid, 1994, Encontrarse a todo trance, Ed. Gaia, Madrid, 1994, El enfoque interno, Ed. CCS, Madrid, 1995, Encontrarse en el soñar, Ed. PPC, Madrid, 1996, Cuando el problema es la solución (aproximación al enfoque estratégico), Ed. Desclée de Brouwer, Bilbao, 1998, Pensándolo bien (guía práctica para asomarse a la realidad), Ed. Desclée de Brouwer, Bilbao, 1999, Manual práctico de PNL (programación neurolingüística), Ed. Desclée de Brouwer, Bilbao, 2000 e Recuperar el alma, Editorial Sal Terrae, Santander, 2003. Ten traducidos ó portugués Disturbios psicológicos cotidianos (mobilizar as própiras energías e dar um sentido á vida), Ediçoes Paulias, Sao Paulo, Brasil, 2001 e Para saír do labirinto (en trámite). Como autor de libros infantís, é autor de Amigos en tempo real e Outro nome para Daniel, ámbolos dous de Editorial Galaxia e como narrador, é autor dalgunha novela, entre as que destaca Lo lejos que queda el mar, Editorial Ekoty.