En Vigo estudia no colexio alemán. Logo fai pola súa conta tódalas materias que máis lle interesan.Casa e marcha a Bos Aires, onde vive durante catro anos. Logo da separación, marcha dez meses a Estados Unidos para coñecer mellor a literatura e poesía norteamericana. Volve a Galicia e viaxa a Madrid para facer unha emisión de radio sobre poesía, desde as cantigas de amigo ata os nosos días. Fai dous discos para R.C.A. Española dos seus poemas coa súa voz, un en galego e outro en castelán. Escribe unha páxina semanal no Faro de Vigo durante doce anos. Viaxa por trinta e nove países de Europa, América, África e Asia, pero sempre volve a Vigo, coa súa xente e coa súa terra. No ano 2000, en maio, publícase a súa obra case completa.
Escribiu vinte libros de poesía en galego e castelán en dúas carpetas, unha con gravados de Goyanes e a segunda con debuxos de Eva Llorens. Catro contos para nenos (maiores) e Un libro de contos ou historias na miña vida. Deu conferencias sobre a xeración do 50 galega, sobre Rosalía, sobre cartas inéditas de Castelao e sobre as cantigas de amigo ata a nova poesía galega en Suíza.
Distincións:
Premio "Alecrín" 1997.
Viguesa distinguida.
Galega distinguida.
Diálogos 90 - 1998.
Medalla de bronce de Galicia 1998.
Medalla da enxebre Orde da Vieira 1999.