Francisco Xavier Castro Pérez


Categoría: Escritor e catedrático
Data de Nacemento: En 1954
Lugar de Nacemento: Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo. Escritor e Catedrático de E.U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago. Impartiu docencia na Université de Rennes e École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Foi subdirector da revista Grial, comisario de exposicións, traductor e conferenciante. Dirixiu varios proxectos de investigación e foi asesor histórico de series televisivas da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906, Lobos e cordeiros, e a máis reciente: O corpo aberto. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica.

 Obras realizadas

Salienta a publicación da súa tese de doutoramento (a primeria persentada en galego na Facultade de Xeografía e Historia, no ano 1982) O Galeguismo na encrucillada republicana (Deputación Provincial de Ourense, 1985) (Mención de Honor do Premio Otero Pedrayo, 1983). Tamén publicou a obra: Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Está considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicación: A lume manso (Galaxia), Ayunos y yantares (Nivola) (Premio Nacional de Gastronomía). A la sombra ejemplar de los parrales (NigraTrea). Historia da vida cotiá en Galicia (NigraTrea) (Premio de Investigación Ferro Couselo) A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia (Galaxia). A mesa e manteis (Biblos). (Premio Gourmand World Awards). Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica (USC). O seu último libro éL Tostado. El vino noble de Galicia (Acuarela). Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (Transforma Editores). Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (Transforma Editores). Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega (2ª Edición). Tamén recibeu o Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015 polo seu labor como investigador e divulgador da historia da alimentación en Galicia.

O doutor Fausto Galdo, xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUA Coruña, autor da relevante obra gastronómica: 'Abecedario das mantenzas' (EXG) sinalou que Xavier Castro é “Hoxe o maior e máis científíco publicista galego de gastronomía, referencia obrigada da historia da alimentación”.

Programa RNE Clásica: Xoán Luaces Fandiño e Xavier Castro. "Historias de café y cafés con historia" (Domingos de 14 a 15 horas). Un repaso histórico e musical polos cafés do mundo, descubrindo anécdotas enxundiosas e divertidas, entreveradas coa música e os personaxes variopintos da cultura, a sociedade e a arte. / Comenzo: 3 de Outubro de 2021, ata Xuño 2022. Segunda etapa: xuño a setembro 2023. Tamén audición en Podcast de RNE Clásica.