Estudiou Maxisterio en Santiago e creou na súa vila natal un colexio de primeira ensino. Tamén exerceu como profesor noutros colexios de Lugo e Ourense. En Ourense casa con Elisa Pavón Rodríguez. Foi redactor xefe do Diario de Ourense e colaborou en La Zarpa e Galicia. Tamén colaborou noutros periódicos como El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudios Galegos.
Couceiro Freijomil posúe unha extensa producción bibliográfica na que destacan obras como: La aceptación del dolor (Lugo, 1914), Ortografía gallega. Bases para su unificación (Ourense, 1929), La bandera de Galicia (Ourense, 1929), Los factores del desenvolvimiento humano (Ourense, 1934), El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura (Barcelona, 1935), Los niños anormales y su educación especial (Ourense, 1936), Historia de Pontedeume y su comarca (Santiago, 1944), Programa escolar (Santiago, 1955).Antonio Couceiro Freijomil deixou tamén dúas obras inéditas: Catálogo de impresos compostelanos del XVII al XIX e Cousiñas.