Mª Carmen González Boán


Pseudónimo:Mané Boán
Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, asiste a clases de pintura e debuxo en obradoiros e na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Nos últimos anos busca e atopa unha interrelación entre a súa formación científica e a súa actividade artística, entre química e pintura, unha “contaminación” disciplinar que lle permite explorar novas linguaxes expresivas. A característica principal do seu traballo artístico actual é a investigación das posibilidades que ofrecen os metais como soportes de cromatismos, pátinas e texturas e que ela extrae utilizando reaxentes químicos, pigmentos e pintura.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
-1995: Museo Municipal de Ourense (colectiva), Liceo Recreo Ourensán, Ourense (individual), claustro do Poleiro, Celanova - Ourense (individual), Xunqueira de Ambía – Ourense (individual), Liceo Recreo Ourensán, Ourense (colectiva), Galería Volter, Ourense (colectiva) e Vilanova - Ourense (colectiva).
-1996: Museo Municipal de Ourense (colectiva), Mosteiro de Celanova, Ourense (colectiva), Sala La Paloma, Madrid (colectiva), Estudio 34, Ourense (colectiva), Aula Cultural Caixa Galicia, Celanova – Ourense (individual), Galería Goya, Nova Iorque (colectiva), IV Bienal de Boiro - A Coruña, Certame Arte Xoven Galega, Vigo e I Certame Vila de Redondela - Pontevedra.
-1997: Café Isaac, Ourense (individual), Galería Sargadelos, Ourense (colectiva), O Carballiño – Ourense (individual) e Café Isaac, Ourense (colectiva).
-1999: El portón de Curros, Celanova – Ourense (individual).
-2000: Ribadavia – Ourense (colectiva).
-2001: Galería AIMÁ, Madrid (colectiva) e Centro Cultural da Deputación de Ourense (colectiva).
-2002: Centro Cultural da Deputación de Ourense (colectiva), Galería Visol, Ourense (colectiva), VII Certame Arte no Morrazo, Cangas – Pontevedra, XIII Certame Vila de Cedeira - A Coruña, XVI Pintura Contemporánea de Tarancón – Cuenca e V Certame de Villaviciosa - Asturias.
-2003: I Certame ‘Nuevas Tendencias’, Brunete – Madrid; colectiva itinerante: Vilagarcía, Ourense, Santiago e Pontevedra; Sala Teucro, Pontevedra (individual), Ateneo de Ourense (individual), Ribeira - A Coruña (colectiva), Centro Comarcal de Vilanova – Ourense (individual).
-2004: Reitoral de Castillón – Lugo (individual), colectiva itinerante Portugal-Galicia: Lisboa e Almada en Portugal, Culleredo e Tui, Santiago en Galicia, Fundación Araguaney, Santiago (colectiva) e Galería José Lorenzo, Santiago (individual).
-2005: Colectiva itinerante: Santiago, Lugo e Ourense e colectiva en Betanzos (A Coruña).

 Outros datos de interese

Foi galardoada co 2º Premio de Acuarela, Certame Praza de Aluche (Madrid), 1º Premio de Pintura, Certame AIMÁ (Madrid), accésit no Certame Bello Piñeiro, Mugardos (A Coruña), accésit no Certame Festa da Historia, Ribadavia (Ourense) e 2º Premio do Certame ‘Nuevas Tendencias’, Brunete (Madrid).