Estudiou o bacharelato en Pontevedra e Dereito en Santiago e Salamanca, licenciándose en 1880. Trasládase a Madrid, onde traballa de pasante. En 1886 é elixido deputado por Ponteareas (máis tarde sería elixido por outros distritos) e é nomeado secretario do Congreso. Tamén ocupou os cargos de director xeral da Administración Local e da Débeda e de fiscal do Tribunal Supremo. En 1903 é nomeado ministro de Instrucción Pública e en marzo de 1920 ocupa durante 5 días a presidencia do Consello de Ministros polo asasinato de Eduardo Dato, pasando logo á carteira de Gobernación. Foi nomeado ministro noutras 8 ocasións, presidente das Cortes e xefe do partido Conservador. Trala proclamación da II República marchou a París.
Foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e da de Xurisprudencia e Lexislación.