-Técnico Superior de Cerámica Artística, Escola de Arte ‘Ramón Falcón’ (Lugo, 1999-2001).
-Taller SM 1993 Lugo, curso de óleo.
-Escola de Arte Blas Lourés, Círculo das Artes (Lugo, 1994-1999).
-Taller Luz Darriba, curso de desnudo ó carboncillo, home/muller, (Lugo, 1999-2000).
-Taller Augatinta, curso de gravado, (Lugo, 2001).
-Taller Centro de Artesanía e Deseño, Deputación Provincial de Lugo (2001), curso de gravado.
-Taller Juan Prada, curso de acuarela, (Lugo, 2002).
Luisa Paz realizou prácticas de cerámica no taller da ceramista Esther Iglesias (Lugo, 2001), traballou como profesora de pintura no colexio 'Divino Maestro' (Lugo, 2002-2003) e participou en varios concursos de pintura ó aire libre en Santiago de Compostela, Ponferrada (León) e Lugo.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-2005: exposición colectiva Luisa Paz e Conchita Montenegro, Amararte (Lugo).
-2004: ‘Erótica’, Esmelgar (Lugo); Sala de Artistas da Coruña; Esmelgar, Nova Rúa (Lugo) e Mostra Asilos, Sala de Exposicións da Xunta de Galicia (Lugo).
-2003: Asociación da Coruña; acuarelas na Casa da Cultura de Muros (A Coruña); gravados na Galería Sargadelos (Lugo); I Feria de Arte, Día dos Museos, Museo de Lugo; El Pazo de la Maza (Lugo); Cafetería ‘Chao do Posadoiro’ (Lugo); Exposición Prestige Mareanegra, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); Exposición Antigos Alumnos da Escola de Arte de Lugo; Sala de Exposicións ‘Uxío Novoneira’ Centro Social Lugo e Exposición voluntarios do Prestige no MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa da Coruña).
-2002: Exposición Benéfica a favor de APSNAIS na Sala de Exposicións da Xunta de Galicia (Lugo); Oito artistas gravadores no Taller Augatinta de Lugo; Exposición dos AA.PP. na Galería ‘Porta 11’ (Lugo); II Exposición da Protectora de Animais, Sala Almirante Hotel Méndez Núñez (Lugo); ‘15 Artistas Plásticos na Galería ‘Cruz Armañá’ (Lugo); Fundación ‘Meigas e Trasgos’, Sarria (Lugo); Exposición de carteis na ‘Festa da Historia’, Ribadavia (Ourense) e III Exposición Artistas Plásticos Lucenses, Hotel Méndez Núñez (Lugo).
-2001: ‘Ocho pintores’, Xunta de Galicia (Lugo).
-2000: Benéfica a favor da Cruz Vermella, Xunta de Lugo; Casco Antigo de Ponferrada (León) e Concello de Muros (A Coruña).
-1999: Benéfica a favor de Mans Unidas, Xunta de Lugo; Cidade de Lugo, Sala de Exposicións Caixa Galicia (Lugo) e ‘II Zona Monumental’, Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo.
-1998: ‘I Zona Monumental’, Museo Provincial de Lugo.
-1994-1999: Círculo das Artes, Lugo.
-1993: Sala de Exposicións SM, Lugo.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-2002: Xunta de Lugo, tema 'Rincóns da miña cidade'.
-2001: Taller Augatinta, gravados.
-2000: Xunta de Lugo.
-1999: Pub Goleta (Lugo).
A súa obra foi seleccionada no I e II Certame de Pintura ‘Lugo Monumental’ (1998-1999), no VII Certame de Pintura ‘Lugo Cidade’ (1999), nos Carteis de Ribadavia (2002) e no Certame de Pintura ‘Casco Histórico de Ponferrada’ (2001). Ademais, recibiu unha mención de honra no XII Certame de Pintura José Guizán en Begonte – Lugo (2001) coa obra titulada ‘A terra dos meus pais’ (acrílico sobre lenzo).
A súa obra aparece recollida nos catálogos: Lugo Monumental 1998, Cidade de Lugo 1999, III Exposición Colectiva AAP Lucenses 2002, I Exposición Colectiva Antigos Alumnos Escuela de Arte 2003 e Guía Cultural de Artistas de Galicia 2003. Parte da súa obra atópase na Galería Amararte (Lugo), Hotel Méndez Núñez (Lugo), cafetería do Pazo da Maza (Lugo), Restaurante A Nosa Terra (Lugo), Mesón do Forno (Lugo), tenda de arte 'Nova Rúa' (Lugo), Xunta de Galicia e en coleccións privadas. Luisa Paz é membro do comité consultivo da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses, membro do Centro Cultural Valle Inclán, da Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Arte Ramón Falcón (Lugo) e da Asociación de Artistas da Coruña.