Francisco José López Pérez


Pseudónimo:Pancho Castelo
Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 12 de xaneiro de 1971
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Formouse en alta xoiería no taller da prestixiosa xoiería ‘Candame’ (A Coruña, 1990-94).
Fixo investigacións sobre a talla en lousa e outros materiais e estudios autodidácticos de arte. (A Coruña, 1995-97). Desde 1996 dedícase profesionalmente á escultura.

 Obras realizadas

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS:
Exposición individual itinerante promovida pola Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia (A Coruña, xaneiro– Ourense, febreiro 2003), participación con obra en la Subhasta Benéfica a favor de los afectados por el Prestige (Macuf, A Coruña, xaneiro 2003), individual no Concello de Ortigueira (A Coruña, xullo 2003), individual no Centro Histórico Cultural Santa Leonor (Poboa de Trives – Ourense, agosto 2003), individual en Puente Domingo Flórez (León, setembro 2003), individual en ‘Congreso de la Pizarra de La Toja’ (Hotel Balneario da Toxa, Pontevedra, outubro 2003), exposición no posto de AGP en CONCRETA (Lisboa- Portugal, outubro 2003), exposición na Feira da Construción, posto ‘Los tres Cuñados’ (Pontevedra, marzo 2004), individual en PIEDRA 2004 (Madrid, maio 2004) invitados xunto con outros escultores de prestixio internacional e apoiado pola Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) e o Xacobeo 2004, exposición en stand de AGP en PIEDRA 2004 (Madrid, maio 2004), ARTE-MOSTRA, Boiro (do 1 ó 15 de xullo de 2004) e Padrón (do 19 ó 26 xullo de 2004), exposición de escultura en Piedra de Lubrín (Almería, xaneiro de 2005), exposición de escultura na Casa de Almería de Barcelona (Barcelona, febreiro 2005), ‘Feira de Arte da Pizarra’ en Sobradelo de Valdeorras (Ourense, abril 2005), Stand AGP en Construmat (Barcelona, maio 2005), Artefama (Almería, xuño 2005), Galería Blitz (Palma de Mallorca, xullo 2005) e Concello da Cabrera (León, xullo 2005). Desde 1998 ten realizado exposicións individuais en feiras e congresos nacionais e internacionais do sector da Pedra Natural, representado no stand da Asociación Galega de Pizarristas (Construmat, Expopiedra, Verona).

Colaborou con varios artigos en xornais e revistas como REVISTART, revista de arte, PIZARRA, revista do sector da pizarra, MARMOR, revista italiana do sector da pedra con difusión internacional, LITOS, revista internacional do sector da pedra natural, ALWAYSTONE, revista dixital do sector da pedra, MENHIR, prestixiosa revista de arquitectura, DOLMENHIR, revista de información do sector da pedra natural, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Región, La Opinión de La Coruña, ABC, El País, O Sil, La Gaceta del Bierzo e El Punto de las Arte.

 Outros datos de interese

A súa obra figura na Xunta de Galicia, Concello de Ortigueira, Concello de Pobra de Trives, Caixa Nova, Museo da Pizarra de San Pedro de Trones, Concello de San Pedro de Trones, Asociación Galega de Pizarreiros, Colexio de Arquitectos da Coruña, Colexio de Arquitectos de Lugo, Colexio de Arquitectos de Ourense, Colexio de Avogados da Coruña, Hotel Río Azor de Ribeira, IFEMA, Sobradelo de Valdeorras, Instituto de Secundaria Lauro Olmo (Barco de Valdeorras), Concello da Cabrera (León) e Ministerio de Asuntos Sociais de Madrid.

EXPOSICIÓNS PERMANENTES:
Fondo de arte da galería ‘Arte e Imagen’ (A Coruña), Fondo de arte da galería ‘Cuatro Diecisiete’ (Madrid), Fondo de arte da galería ‘Blitz’ (Palma de Mallorca), Fondo de arte da galería ‘Nou Milenium’ (Barcelona), Asociación Galega de Pizarreiros e Museo da Pizarra (San Pedro de Trones).
Ten obras en coleccións privadas de diferentes países: Brasil, Chile, Francia, Italia, Alemaña, Portugal e España. Recentemente deseñou e realizou os trofeos dos premios Menhir 2004.