Mercedes Rodríguez Moreda


Lugar de Nacemento: Foz (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Dereito pola USC, Premio Extraordinario de Licenciatura.

Avogada do ICA Lugo dende 1995.

Foi asesora xurídica da OPP-07-LUGO dende 1997, sendo nomeada Directora-Xerente da mesma entidade en 1999, ata decembro de 2016, ano en que asume o cargo de Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Cesa en maio de 2022 e se reincorpora como Avogada no Despacho RODRÍGUEZ MOREDA ABOGADOS de Foz.

Fortemente vinculada coa pesca dende o comezo da súa carreira, ten un hondo coñecemento de todo o relacionado coa actividade pesqueira e tamén acuícola, abarcando non só a propia xestión pesqueira, senon tamén ámbitos de Dereito Laboral, Civil, Mercantil e Administrativo, así como da xestión dos Fondos Comunitarios (non só os específicos pesqueiros senon tamén os xerais).

Actualmente é Concelleira do PP en Foz.

 Obras realizadas

- Participou en numerosas audiencias ante a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo.

- Fundadora dos Consellos Consultivos de Augas Occidentais do Noroeste, Augas Suroccidentais e Longa Distancia.

- Participou como experta da UE asesorando ás administracións e sector pesqueiro de países en proceso de adhesión á UE (Rumanía, Bulgaria, Estonia, Lituania e Turquía).

- Foi profesora do Curso de Postgrado e posterior Máster en Economía Pesqueira da USC, participando tamén no libro do mesmo.

- Amplio coñecemento dos fondos comunitarios e a súa xestión.

- Amplios coñecementos en materia de Estratexias Mariñas e Planificación Espacial Mariña.