Luis Rodríguez Míguez


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 1932 († 28 de febreiro de 2016)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

É licenciado en Medicina e Cirurxía (Universidade de Santiago de Compostela), médico en Sanidade Nacional, oficial sanitario, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública e doutor en Medicina e Cirurxía (Universidade de Santiago de Compostela). Entre os postos docentes desempeñados, podemos destacar: Axudante de clases prácticas, profesor adxunto, profesor asociado, profesor encargado e profesor (nas universidades de Vigo e Santiago). Foi director do Centro de Sanidade Ambiental de Santiago, xefe provincial de Sanidade de Ourense, director de Saúde da Delegación Territorial de Ourense e director xeral de Saúde Pública. Actualmente, é profesor titular no departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).

 Obras realizadas

Entre os libros que publicou destacan: Contos de Vilago de Ribadela (1990), El termalismo en Galicia en la década de los ochenta (1988), Estudio histórico bibliográfico del termalismo: Principales urgencias de la provincia de Orense (1995) e traballos e artigos noutros libros e revistas. Participou en congresos, tanto nacionais como internacionais e en multitude de cursos.

 Outros datos de interese

É académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía, vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e presidente honorario da Asociación de Ex-alcohólicos españois. Recibiu o diploma de honor da Academia Médico-cirúrxica de Ourense, unha mención de honor da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, o premio do certame nacional de Pediatría Social en 1981, a medalla de Ouro da vila do Carballiño,...