Foi un gran estudioso do folclore galego e estudiou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse en Dereito, ingresou no Ministerio da Gobernación e foi destinado a Soria, onde viviu ata 1914 antes de regresar a Ourense.En 1918 casou con Rosa Muñiz, que o acompañou nas súas actuacións e grabacións. En 1924 foi nomeado Secretario do Goberno Civil de Ourense.
Faustino Santalices estudiou non só o folclore senón tamén os instrumentos tradicionais. En 1922 empezou a colaborar como gaiteiro no coro ourensán 'De Ruada' con melodías como Muiñeira de Cartelle, Pasacorredoiras da Arnoia, Muiñeira de Rubiás e Alborada antiga de Ourense.Despois de abandoa-lo coro 'De Ruada' colaborou co coro 'Os Enxebres' e realizou un importante labor de divulgación do noso folclore.Durante os anos da guerra construiu moitas gaitas, que regalou a soldados galegos. Posteriormente foi trasladado a Barcelona e logo a Madrid en 1944. En Madrid colaborou coa agrupación artística 'Rosalía de Castro' e grabou un disco.Colaborou tamén en periódicos e revistas como Finisterre, Revista de Galicia, Faro de Vigo, etc.Hay que destacar tamén a conferencia que deu en Santiago (1952) con motivo da inauguración do Pazo de Xelmírez e no recital-homenaxe a Menéndez Pidal (1954) no que da a coñece-lo Romance de don Gaifeiros de Mormaltán.A partir de 1952 empezou a planifica-la creación do Obradoiro-Escola de Instrumentos de Lugo e ó ano seguinte grabou catro discos en 'Columbia. Notas mágicas'. Posteriormente reeditou e refundiu os discos nun único traballo chamado Faustino Santalices.Grabou, ademais, as Cantigas de Martín Códax, aínda que non se sabe se chegaron a imprimirse.