Estudiou a carreira de Medicina en Santiago e Madrid, e especializouse en Traumatoloxía, Ortopedia e Rehabilitación. Na súa xuventude foi campión de España de triple salto e de 110 metros valados. Obtivo o título de adestrador nacional de fútbol e dirixiu ó Deportivo e a outros equipos. Tamén adestrou á selección de Costa Rica e ó Sport Herediano. En 1968 foi nomeado seleccionador, cargo que deixou en 1969. Ocupou a dirección da Escola Nacional de Adestradores e a presidencia do Colexio Nacional.
É autor de numerosos traballos de carácter deportivo e médico, entre eles: Preparación física del fútbol, Biomecánica de la cadera, Rehabilitación de la astroplastia de la cadera, Calcificaciones ectópicas post-operatorias en astroplastia de la cadera, Un caso de meloreostosis e Tratamiento de parálisis faciales.