Durante a súa estancia en Madrid, onde fixo o servicio militar, matriculouse en Maxisterio pero pronto abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na empresa Xeral Galega de Electricidade. Percorreu moitos lugares de Galicia para levar a cabo investigacións etnográficas.
Entre os seus numerosos traballos destacan fundamentalmente Museo escolar y manera de formarlo, estudio acerca de la escritura hemisférica, Un falo alado en el Museo Provincial de Lugo, Unha representazón do deus inbnominado pre-román, Una nueva pieza para el catálogo de torques gallegos, Historia del Folklore de Galicia, Sobrado de los Monjes y el Renacimiento Gallego, etc. Ademais, escribiu dúas novelas: O consentimiento (1926) e Alevamento (1928).
Foi membro da Real Academia e membro da asociación alemana “Marchen der europaischen Volker”.