Profesor desde 1972, é funcionario da Consellería de Educación.
Desenvolveu a súa actividade sindical en CC.OO. da Ensinanza ata 1982. En 1982 ingresa no PSOE, sendo elixido Alcalde de Culleredo en maio de 1983, continuando ata o día de hoxe. É presidente da Agrupación Socialista de Culleredo.
Pertenceu á Comisión de Emprego da FEMP, durante dúas lexislaturas e pertence á Comisión de Servizos Sociais da FEGAMP. É membro da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e membro do Consello Galego de Medioambiente e do Consello Galego de Servizos Sociais en representación da FEGAMP.
É membro da Comisión de Economía e Facenda da FEMP e Secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña.
Ex-presidente e fundador do Consorcio de As Mariñas, entidade local que agrupa unha poboación de 150 mil habitantes.