Valeriano Martínez García


Data de Nacemento: En 1961
Lugar de Nacemento: Aldán (Cangas)
 Currículum

Licenciado en ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda. Ata a data exercía como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.