María Jesús Sainz García


 Currículum

Foi Catedrática de Lingua e Literatura Españolas e Inspectora de Educación.

 Obras realizadas

Destacada política compostelá, senadora do Grupo Popular e presidenta da “Comisión Especial do Senado para o estudio sobre as novas formas de exclusión social como consecuencia do forte incremento do desemprego”, ten desenvolvido un amplo labor político a nivel autonómico, local e estatal.
Na política autonómica foi directora xeral e conselleira de Educación na Xunta de Galicia durante a presidencia de Xerardo Fernández Albor e a vicepresidencia de Mariano Rajoy.
Na política municipal foi portavoz do PP no Concello de Santiago de Compostela no período 1991-1999, con numerosas iniciativas en apoio da cidade. Tamén foi presidenta do comité local do PP en Santiago de Compostela.
Na política estatal desenvolveu unha política moi activa no Congreso e no Senado: Representación da provincia da Coruña no Congreso (lexislaturas VII e VIII) e no Senado (lexislaturas III e IX). Foi secretaria 1ª do Congreso na VIII Lexislatura.
A nivel internacional asistiu ás Conferencias Mundiais sobre a Muller de Pequín en 1995 e de Nova Iorque en 2005.

 Outros datos de interese

Principais temas aos que dedicou a súa actividade: Educación, Igualdade da Muller, Infraestruturas do Estado en Galicia, Pensións e Apoio aos máis débiles.
Principios políticos: Democracia e liberdade, educación en valores, diálogo cos cidadáns, respecto, cooperación e traballar para resolver problemas. Ten presentado numerosas iniciativas parlamentarias de interese cidadán, moitas delas aprobadas por maioría ou por unanimidade.

Máis información no seu blog político: http://mjsgalicia.blogspot.com