Luis Cordeiro Rodríguez


Categoría: Político
Data de Nacemento: 21 de setembro de 1934 (†24 de decembro de 2007)
Lugar de Nacemento: Palas de Rei (Lugo)

Opinión
 Currículum

Foi mestre nacional, director escolar e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de mestre en S. Xurxo de Lourenzá, Lugo, Monterroso e Santa Cilla (Foz). Foi director escolar por oposición e estivo a fronte do colexio de Foz vinte anos. Desempeñou en Foz o posto de Inspector de Servicios da Consellería de Educación. Foi concelleiro en Foz desde 1967. Nas eleccións democráticas resulta elixido alcalde pero ten que abandona-lo posto ó acceder á presidencia da Deputación, cargo que desempeña entre 1979 e 1983. Foi concelleiro en Lugo e deputado provincial entre 1983 e 1987, resultando elixido deputado do Parlamento de Galicia e vicepresidente primeiro (1985-1989). Foi un dos redactores do anteproxecto do Estatuto para Galicia (Estatuto dos 16), conselleiro na Xunta Preautonómica, Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (1992-1994) e director do Gabinete Técnico do Parlamento de Galicia (1994-98).

 Obras realizadas

A partir de 1969 foi asesor rexional dos Teleclubs de Galicia e durante varios anos presidente da Asociación Lucense de Axuda e Información ó Drogodependente (ALIAD). Desde a Deputación Provincial impulsou obras como a construcción do Colexio Universitario, a Biblioteca Pública, o Arquivo Provincial, a Avenida de Alfonso X o Sabio, colexios de xordomudos e educación especial, rehabilitación de San Paio de Narla e outros centros provinciais. Promoveu a creación de XESTUR Lugo e tivo unha decisiva actuación na consecución da Facultade de Veterinaria para Lugo.

 Outros datos de interese

Foi comendador das ordes do Mérito Agrícola e do Mérito Civil, Lucense do ano (1982), medalla de Prata da Cruz Vermella, Socio de Honra de UNICEF, do Belén de Begonte, Cántigas e Frores, Sociedade Protectora de Animais, Confraría Virxe da Esperanza, Centro Cultural de Bazar e outras entidades. Foi distinguido coa insignia de ouro de varios clubes deportivos.