Estudou bacharelato en Lugo e logo en Santiago. En 1967, deixa os estudos e emigra a Barcelona. Na cidade condal comeza a traballar nunha empresa galega de seguros e capitalización na que se mantivo durante 38 anos, ata a súa prexubilación en Lugo. A adicación ó cine venlle da man de Cosme Iglesias Trevín, xerente do cine “Gran Cinema” en A Fonsagrada. No “Gran Cinema” (a súa segunda casa e escola) iniciase como: operador, cartelista, acomodador e axudante de cabina. Con varios amigos fundou o cine-clube “Masnou” en Hospitalet de Llobregat, con proxeccións semanais no desaparecido cine Tívoli. Nesta época comeza a súa colección de bandas sonoras e de diversos obxectos relacionados co cine. Regresa a Galicia en 1971 colaborando no cine-clube “La Coruña”. Logo dun periplo en Pontevedra trasládase definitivamente a Lugo, onde entra a formar parte da directiva do grupo fotocinematográfico “Fonmiñá”, como responsable da sección de cine e na que ainda continúa. Director das corenta e unha edicións celebradas da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Fio colaborador e crítico cinematográfico en “El Progreso”, “La Voz de Galicia”, Radio Lugo (informativo dirixido por Pedro Revalderia), Radio Voz e as revistas “Lugo Cultural” e “Entremuros”. Nalgúns medios usaba o seudónimo de “Travelling” e “Mafalda”. Dirixiu e presentou o programa de cine en Telelugo: “Central Cinema” (dezasete programas) e colaborou noutras publicacións no ámbito autonómico e estatal. Foi asesor cinematográfico do Concello de Lugo (mandato de Vicente Quiroga Rodriguez) e Caixa Galicia. Foi o fundador e organizador de semanas de cine en vilas e pobos da provincia, así como homenaxes efectuados a Ánxel Fole, Carlos Velo, Emilio Baños, Charles Chaplin, Hermanos Marx, etc... Celebrou conferencias, exposicións e charlas relacionadas co cine en diversas cidades de Galicia. Tamén colaborou na realización do desaparecido Festival de Cine Aficionado do Círculo das Artes de Lugo. Actualmente traballa e sigue programando ciclos de cine para diversas institucións con charlas e debates. Foi fundador do Grupo Imaxe de Lugo, realizando tres películas premiadas en varios festivais de cine amateur celebrados en España: “Carta a un niño que no va a nacer”,”O Espantallo” e “Lugo ayer y hoy”.
Baixo a dirección de Tonina Gay participa os venres no programa “Mexunxe” Magazine. (1985-1993). Autocontrol. Dúas horas, luns a venres. Concursos, natureza, música, literatura, cine, beleza e moda, asuntos sociais, ortofruticultura, xardiñería, animais de compaña, alimentación, astronomía, patrimonio, pesca, medicina e saúde, belas artes, viaxes, coleccionismo, filatelia, opinión, entrevistas de actualidade… Colaboradores: Jorge de Vivero, Indalecio Fernández Groba, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Curiel, Esperanza López Silvosa, Blanca Valdivia, Cándido Rodríguez Caneiro, Pedro Prósper, Sonsoles Izquierdo, Antonio Vela Martínez, Carlos Rodríguez Martínez, José Manuel Villasante, Juan Cancela, Joaquín García Gesto, Edmundo Novoa, Felipe Arias Vilas, Aquilino Redondo, Amparo de las Heras, Nieves Villanueva, Juan José Alonso Rodríguez, Vicente Debesa Jul, Julio González Morandeira, Héctor de Vega, Santiago Pacín Rivera, Manuel Varela Veiga, Manolo Rouco, Gonzalo Sánchez Folgueira (Zalo).
En 2010, acepta a agradable responsabilidade de ler o pregón das festas patronais en honra á Natividade da Nosa Señora na Fonsagrada (Lugo). En 2013 interven como convidado de honra na homenaxe efectuada a Frank Braña no 8º Festival de Cine Asturiano, celebrado no marco do Teatro Campoamor de Oviedo. Ese mesmo ano (2013), forma parte do Jurado Internacional do 18 Festival de Cine Internacional de Ourense, xunto con: Belén Macias, Goya Toledo, Monti Castiñeiras, Ramón Costafreda e Khristian Klandt.
É autor dos seguintes títulos publicados: “Prudencia Grifell (1876-1970). Una lucense en el cine de oro mexicano”, (2005). “Carmen Correa. Do Queirogal o cine”, (2006). “Frank Braña. Morir con diginidad en el cine”, (2007). “Yo soy el caballero de París”, (2008). “Un Lugo de cine”, (2008). “Eduardo Fajardo. El villano del cine español”, (2009). “Enrique Muiño. El gaucho gallego”, (2010). “Antonio Casal. El hombre corriente de la mirada tierna”, (2011). “Ricardo Núñez. El emperador de la simpatia”, (2012).“Rodado en Lugo”, (2013). “Manuel Lourenzo. Mejor pocas palabras”, (2014). “Mercedes Cora. De Monte Cubeiro a Monte Parnaso”, (2015). “Antonio Mourelos. Un actor de provincias”, (2019).
É co-autor, xunto con Xulio Xiz, do libro “40 Semanas de Cine en Lugo”, (2018) e cordinador do titulo “Cine Mondoñedo”, (2017) de Emilio Carlos García Fernández e Fran Bouso. É autor do prólogo do título de Fernando Arribas: “1897-1997. O cine en Lugo” (1996). Actualmente traballa en “El desconocido mas conocido”, un traballo sobre Luis Tosar.
Coleccionista acérrimo de todo o relacionado co cine, é posuidor dunha extensa biblioteca, carteis, guións, obxectos e máis de vinte mil títulos de películas de tódolos xéneros e tempos.