Luis Ángel Rodríguez Patiño


Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Está matriculado en Traballo Social, a súa sétima carrera, tras Filosofía e Teoloxía, Dereito e Dereito Canónico, Criminoloxía, Ciencias Políticas e tres anos de Medicina.

Quixo opositar a xuíz, pero un maxistrado do Opus Dei cruzouse no seu camiño “outra vez” e o seu traballo sobre a homosexualidade nos seminarios diocesanos levantou ampollas. Nos seus 25 anos de párroco en Xestoso "con vocación de misioneiro", Patiño converteuse no dinamizador social dunha aldea despoboada e envellecida, onde se sobrepuxo á desconfianza inicial cara ó novo cura “co pelo longo e pinta de revolucionario cubano". "Agora teño incluso aos caciques do pobo do meu lado", presume.

Ao pouco de ordenarse diácono, en 1981, o bispo enviouno a Cedeira. Acabou en Xestoso, un pequeno núcleo case illado, onde o seu trabajo silencioso comezou a dar froitos "creando lazos entre a xente". En 2000 fundou e legalizou o primeiro Consello de Anciáns de España, impulsou a Plataforma Pro Monfero e potenciou a cooperativa local para facer do grelo autóctono a bandeira comercial do municipio. Cada Semana Santa organiza unha gran tractorada e en Carnaval abriu as portas da igrexa aos fregueses para oficiar a misa.

 Obras realizadas

É propulsor e coordinador da Universidade Señor (Uned) en Xestoso e a Terra Chá.