Manuela Meda


Categoría: Escultora
Data de Nacemento: 10 de xaneiro de 1946
Lugar de Nacemento: Rianxo (A Coruña)
Teléfono: 4299-7279 / 4238-3986 (Arxentina)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Parte con toda a súa familia rumbo a Arxentina en 1950. Pasa por diferentes talleres na busca de encamiñar a escultura autodidacta. As súas primeiras experiencias foron con cerámica, elemento que na actualidade traballa no seu taller de ensinanza.
A partir de agosto de 1986 intégrase como cofundadora do Museo de Belas Artes "Claudio León Sempere" de Burzaco, distrito de Almirante Brown (Bos Aires), momento no que comeza a súa actividade escultórica, que no transcurso dos anos permitiulle expoñer individualmente en máis de 15 mostras e en máis de cen compartidas.
Ten sido Asistente Técnica Municipal en cerámica (1989-1994), profesora de cerámica na Escola Municipal de Educación Integral (desde 1995), nos talleres de cerámica Colexio Parroquial ‘Inmaculada Concepción’ de Burzaco (1993-1994) e Colexio ‘San Lorenzo’ de Burzaco (1993-1995), no Museo ‘Claudio León Sempere’ e profesora de cerámica nun taller para discapacitados.
Existen obras súas en varias coleccións privadas, museos de España e Arxentina e en paseos públicos. Desde 1988 asiste asiduamente a cursos e congresos relacionados cos museos e a restauración. Desde 1990 ten participado en multitude de salóns de arte (cerámica, escultura…).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1992. Saap, Almirante Brown. Adrogué.
1994. Asociación de Xubilados e Pensionistas de Almirante Brown (Burzaco).
1995. “Somos del Museo” Defensa, Taller de Arte, San Telmo (Bos Aires) e Asociación de Xubilados e Pensionistas de Almirante Brown (Burzaco).
1996. III Encontro da Cultura Nacional, Municipalidade de Almirante Brown; Exposición de Artistas do Museo en Florencio Varela, Municipalidade de Florencio Varela; Artistas do Museo no barrio de Flores e Delegación de Artistas Plásticos de Almirante Brown no consulado arxentino en Paysandú (Uruguai).
2000. Expuxo esculturas no Edificio Histórico de Adrogue “La Cucaracha” e Mostra de cerre temporada 2000. Casa da Cultura. Almirante Brown.
2001. Semana da arte e a cultura en Burzaco. Escultura.
2002. Expuxo no Boulevard Shopping de Adrogué. Esculturas.
2003-04. Expuxo na mostra ‘Homenaje a la Mujer’ na Casa da Cultura. Adrogué.
2004. Expuxo esculturas no Centro Cultural Recoleta, na Casa da Cultura xunto a Raquel Valverde. Municipalidade de Almirante Brown e mostra Itinerante de Artistas Arxentinos “Evita un Escudo”.
2005. Mostra colectiva “Día internacional de la mujer” Carola Sarubbi. Almirante Brown.

 Outros datos de interese

PREMIOS:
3° Premio no IV Salón de Pequeno Formato da SAAP ‘Almirante Brown’ (1991).
Mención especial outorgada polo público no II Salón de Pintura e Escultura Vangardista da SAAP ‘Francisco Varela’ (1992).
1° Premio Sección Monocopia no Salón de Pequeno Formato da Biblioteca ‘Nicolás Avellaneda’ (1993).
2ª Mención no II Salón de Pequeno Formato ‘Encuentrarte’95’ (Fundación Andreani).
1ª Mención de escultura no I Salón ‘Primavera’ de artes plásticas (1996).
2° Premio de escultura no V Salón de Pequeno Formato da Biblioteca ‘Nicolás Avellaneda’ (1996).
Mención (Escultura) no Salón ‘Centro Cultural La Ochava’ (Banfield, 1998).
1° Premio (Escultura) no Salón ‘Centro Cultural La Ochava’ (Banfield, 1998).
1° Premio (Escultura) no Salón COAP ‘Esteban Echeverría’ (1999).
2° Premio (Escultura) no Salón ‘Centro Cultural La Ochava’ (Banfield, 1999).
1ª Mención (Escultura) no Salón de Pequeno Formato da Biblioteca ‘Nicolás Avellaneda’ (1999).
1ª Mención (Poema) no Salón de Cartas e Poesías da U.F.F. (1999).
3° Premio (Debuxo) no Salón da Municipalidade de Almirante Brown (2003).
1° Premio (Escultura) no Salón da Municipalidade de Almirante Brown (2003).
A participación en diferentes salóns provinciais, municipais y particulares permitiulle obter numerosos premios, destacando o premio provincial de Bos Aires no Municipio de Esteban Echeverría.