Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago, 1971. Catedrático de Universidade en Xeometría e Topoloxía desde 1975 (Universidade de Valladolid 1975-76, Universidade da Laguna 1976-79 e Universidade de Santiago desde 1979). É membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias desde 1982 e membro correspondente da Academia Canaria de Ciencias desde 1995. Desempeñou os seguintes cargos: Vicedecano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, director do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago, membro da Comisión de Doutoramento da Universidade de Santiago e membro da Comisión Directora Científica da Xunta de Galicia.
Dirixiu 5 teses de doutoramento e publicou oitenta artigos de investigación en Xeometría Diferencial en distintas revistas. É editor de 4 "Recordings" de congresos internacionais. Publicou os seguintes libros: Differential Geometry of France Bundles, (1988). Coautores: M. De León e C. T. I. Dodson. Geometría Diferencial de Curvas y Superficies con Mathematica (1995). Coautores: M. Fernández e A. Grey.
Premio de Investigación Deputación de Pontevedra 1987. Premio de Investigación "Academia Canaria de Ciencias", 1993.