Lucas Antonio Ferro Caaveiro


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: Aproximadamente en 1699 (†1770)
Lugar de Nacemento: Capela (A Coruña)
 Currículum

Formouse na escola de Casas Novoa, a quen sucedeu no cargo de mestre de obras da catedral de Santiago. Sendo aínda moi novo, dirixe en Lugo as obras da Capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e da Capela de San Roque. En 1749 falece Fernando de Casas e Lucas Ferro Caaveiro pasa a ocupa-lo posto de mestre de obras da catedral.

 Obras realizadas

Ademais das obras realizadas na capital lucense, Ferro Caaveiro levou a cabo as obras do Mosteiro de San Paio de Antealtares. En 1754 comezou a dirección das obras da Capela das Angustias, en Santiago, na que traballou ata a súa finalización once años despois. Proxectou tamén a fachada da Acibechería da Catedral de Santiago.