Catedrático e Xefe de Servicio de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Académico Numerario da Real Academia de Medicina y Cirurxía de Galicia. Académico Correspondente da Academia Nacional de Medicina de Bos Aires. Cónsul a.h. da República de Perú en Galicia. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago (1970). Doutor en Medicina pola Universidade de Navarra (1974). Especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública (1975). Médico de Empresa (1976). Médico de Sanidade Nacional por oposición (1975). Foi Subxefe Provincial de Sanidade e Xefe da Inspección de Sanidade e Saúde da Coruña (1975-1980), destacando a súa participación activa nas epidemias de cólera e mitilotoxismo; Director do Centro Comarcal e Xefe de Sanidade de Santiago (1981-85), destacando as actividades de hixiene escolar, e Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia (maio 1976 - decembro 1977), destacando a Campaña de Vacinación fronte a Meninxite C que permitiu controla-la epidemia. Profesor invitado das Facultades de Medicina de Coimbra, UBA e Maimónides de Bos Aires, Universidade do Nordeste (Rep. Arxentina) e da Universidade Nacional San Luis Gonzaga de Ica-Perú; do Instituto Pedro Kourí de La Habana, das Facultades de Dereito da UBA e Universidade Católica de Bos Aires. Doutor Honoris Causa pola Universidade. Nacional San Luis Gonzaga de Ica-Perú.
Iniciou e dirixe os Master de Saúde Pública; Administración e Xestión Sanitaria, e Prevención de Riscos Laborais e o Programa de Doutoramento en Saúde Pública da Universidade de Santiago. Liñas de investigación: riscos do traballo do persoal sanitario e problemas de saúde de Galicia. Dirixiu 22 teses de doutoramento e mais de 100 tesiñas de licenciatura. Autor de mais dun centenar de relatorios e comunicacións a congresos nacionais e internacionais; doutros tantos artigos en revistas científicas; de 15 libros: La meningitis en Galicia. Epidemiología de la deficiencia mental. Riesgos del trabajo del personal sanitario (2 ed). Medicina preventiva y salud pública (3 ed). Tabaco y patología. El flúor en la prevención de la caries dental. Libros antiguos de higiene y sanidad 1800-1950. Guía de la sexualidad. Enfermedades infecciosas emergentes. La nueva cara de la brucelosis. Enfermedades infecciosas. Salud pública y envejecimiento. Colaborou, escribindo algún capítulo, en 13 libros máis.
Premios de Investigación: Barrie de la Maza 1980 e 87; Caixa Galicia 1984; Deputación de Pontevedra 1981, 82 e 87. Presidente da Sociedade Galega de Medicina do Traballo (1991-95). Membro Correspondente Estranxeiro da Sociedade Portuguesa de Medicina do Traballo. Membro de Honra da Sociedade de Microbioloxía de Cuba. Membro de Honra da Asociación Médica Arxentina. Medallas das Sociedades Galega e Española de Medicina do Traballo.