Licenciado (1974) e Doutor (1987) en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Instituto (1977-1988); Científico Titular (1988-2004) e Investigador Científico (2004-2009) do Consello Superior de Investigacións Científicas. Xefe do Departamento de Mellora Vexetal (1993-2004) e de Recursos Fitoxenéticos (2004-2010) da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Pontevedra). Profesor Asociado de Xenética da Universidade de Santiago no Campus de Lugo (1990-2004); Profesor-Tutor do Centro da UNED en Pontevedra (1991-2014). Delegado do Colexio Oficial de Biólogos en Galicia (1992-94). Presidente da Sociedade de Ciencias de Galicia (dende 1988). Profesor de Investigación do CSIC (dende 2009). Leader do Protein Crops Working Goup da European Association for Research on Plant Breeding, EUCARPIA (dende 2013). É delegado do CSIC en Galicia dende marzo de 2019.
Líñas de investigación:
Bioloxía de Agrtosistemas: interaccións planta-medio ambiente.
Biodiversidade e recursos fitoxenéticos de Leguminosas e outras especies cultivadas.
Phaseolus vulgaris como planta modelo para estudos de xenética, evolución e -ómicas.
Xenética e mellora de Leguminosas e outras especies cultivadas, incluíndo selección asistida por marcadores moleculares.
Responsable da coleción de Xermoplasma Vexetal de Leguminosas na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (2800 mostras de semillas conservadas). Autor de 56 artigos internacionais de investigación con índice de impacto, 36 sen índice, 92 artigos nacionais, 50 libros e monografías científicos e académicos, 22 publicacións divulgativas e 93 artigos en medios de comunicación. Coordenador de cinco proxectos internacionais, 12 proxectos nacionais e oito autonómicos de I+D no campo da xenética e mellora vexetal. Obtención de 12 novas liñas de xudía-grao e 16 de guisante adaptadas ás condicións agroecolóxicas de Galicia.
FORMACIÓN DE PERSOAL: 15 Posgraos, 14 Teses Doctorais.
PREMIOS:
"Colexial Distinguido", Colexio Maior San Clemente, Universidade de Santiago de Compostela, 1975.
Premio "Cidade de Pontevedra - Valores Científicos", 1981. Premio "Cidade de Córdoba de Ciencias Hortícolas", 1999. Premio “Amigos de Pontevedra”, como catedrático e investigador, 2010.
Pontevedrés do Ano en Investigación, Ciencia e Universidade, 2014.