É licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. É funcionaria de carreira da Administración Pública na escala de inspectores médicos da Administración da Seguridade Social.
Desenvolveu postos directivos no Servizo Galego de Saúde ata o ano 1998. Foi xerente de Atención Primaria dende 1987 ata 1991, subdirectora de Inspección Sanitaria dende 1992 ata 1994 e subdirectora de Atención Especializada desde 1994 ata 1998.
En 1999 incorpórase como asesora á Dirección Xeral de Saúde Pública, onde está ata 2001. En xullo de 2002 é nomeada xerente do hospital Nuestra Señora de la Esperanza, onde permanece ata 2009.
O 1 de maio de 2009 é nomeada xerente do Servizo Galego de Saúde, posto que ocupaba ata o seu nomeamento como conselleira de Sanidade.