Era fillo de Pascual Veiga Iglesias. Foi discípulo do violinista Jesús de Monasterio. Acabou a carreira (1888) e obtivo un gran triunfo como concertista no Casino Republicano (1889). Desenvolveu, ademais, unha importante labor como crítico e articulista en "Ilustración Musical Hispano-Americana", sendo de especial mención un artigo titulado "Algo sobre los cantos gallegos" firmado en Madrid en 1894.
Como compositor editou, entre outras obras, unha colección de valses para piano, que leva o título de Al vuelo e a melodía para canto e piano ¡Fatalidad!.