Xornalista de profesión, realizou os seus estudios na Universidade Complutense de Madrid, cidade na que escribiu en distintas revistas relacionadas co mundo dos seguros e impartiu clases de comunicación.
De volta a Galicia, traballa durante tres anos como redactora de informativos na Radio Galega en Santiago. Con anterioridade traballou tamén en Radiocadena Española e Radio Nacional de España.
En prensa escrita colaborou con xornais como “El Progreso” e “La Voz de Galicia”. Foi correspondente de “El Mundo-Galicia” para a provincia de Ourense dende a súa creación ata maio de 1996. Dende esa data e ata 1999 foi responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos.
Actualmente desempeña o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
Deputada nacional por Lugo na IX lexislatura do Congreso dos Deputados ata 2009.
Alcaldesa de Sober polo Partido Popular dende 1999 ata 2009.
Deputada Provincial entre 1999-2003 e en 2007 e 2008.
Vocal do Comité Executivo do PP de Galicia.
Vicesecretaria do PP de Lugo.
Presidenta local do PP de Sober.
Coordinadora autonómica de Mulleres en Igualdade.
Está casada e ten dous fillos.