Está Licenciado en Dereito e é avogado do Estado. Pertence ó Corpo Superior de Finanzas e á primeira promoción do curso de directivos da Xunta de Galicia. Traballou para a Administración do Estado desde 1976 ata 1984 como Xefe da Avogacía do Estado en Pontevedra e Vigo, ano no que pasou a traballar para a Xunta de Galicia como avogado do Estado e posteriormente como asesor técnico. Ocupou o posto de secretario do Consello de Administración da empresa pública Fillos de J. Barreras desde 1978 ata 1999. Foi concelleiro do concello de Vigo, vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
Especialista en Dereito Administrativo e Mercantil, así como en Dereito Iberoamericano, está en posesión de diversos diplomas e recoñecementos. Foi presidente do "Comité Galego de Xustiza Deportiva".