En 1888 comezou a carreira de Filosofía e Letras en Madrid. Tras gañar as oposicións a cátedra de instituto, foi destinado a Ourense en 1897. Un ano máis tarde, foi trasladado a Toledo e alí comezou a súa actividade política no Partido de Unión Republicana. Posteriormente gañou a cátedra de Lóxica da Universidade de Madrid e ingresou no Partido Socialista, ocupando os postos máis importantes dentro do partido e tamén da Unión Xeral de Traballadores. Tras ser detido polos falanxistas no Ministerio de Facenda, un consello de guerra celebrado o 8 de xuño de 1939 condenouno a reclusión perpetua. Un ano máis tarde falecía na prisión de Carmona.