Natural de Ferrol (A Coruña) onde pasa a súa infancia e primeira mocidade, ata rematar o bacharelato, momento en que se despraza á Coruña a continuar os seus estudos.
Ós 16 anos, durante as vacacións académicas, axudaba nas labores administrativas do Cónsul de Portugal, Nicasio Pérez, primo da súa nai.
Con 17 anos se traslada á Coruña a estudiar Náutica e alí, co tempo, vai fixar a súa residencia, ainda que segue mantendo sempre o seu contacto con Ferrol, onde ten familia e amigos.
A súa tendencia hacia todo o relacionado con Galicia achegouno ó grupo de teatro independiente “O Facho”, con quen colaborou esporádicamente.
Persoa moi creativa e con inquedanzas culturais, combinou os estudos de Psicoloxía co traballo. Nun principio levou a Administración de 'Garaje Castelos', en Ferrol, pasando ó pouco tempo a facer a mesma labor en 'Forjados de Galicia', en Culleredo. Da empresa 'Ede Consejeros de Gestión' pasou á administración da 'Imprenta Lombardero' e ó 'Grupo Anaya'.
A finais dos anos oitenta adicouse ó comercio de artesanía e no seu comercio-galería, 'El Atlantis', realizaba exposicións doutros artistas, como o ceramista Pérez Porto, Javier Meléndez ou Suso Fernández. Esta foi unha época de moito movemento, pois chegou a ter tres comercios abertos ó mesmo tempo, un na Coruña, outro en Camariñas e outro en A Guarda.
É pintor e artesán, de natureza autodidacta, ainda que realizou cursos na Escola Mestre Mateo da Coruña.
Traballou como artesán e representante de artesanía e foi o Fundador da Asociación de Técnicas de Artesanía de Galicia.
Traballou principalmente a cerámica e o cartón pedra, cos que espuxo en Feiras de Artesanía e en exposicións colectivas, como na sala de exposicións do Centro de Artesanía Provincial da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Promotor de reprodución arqueolóxica traballou coa meirande parte dos museos de Galicia e outros de ámbito nacional, con exposicións nos Congresos Nacionais de Vigo e A Guarda.
Os seus traballos a plumilla representan igrexas e monumentos galegos, con tanta precisión, que nos parece estar vendo a verdadeira textura da pedra.
A grande afición que sente pola Historia e a Arqueoloxía vai influir nas súas obras pictóricas, que se constitúen en verdadeiras leccións sobre os usos e costumes de épocas diferentes, como a cultura castrexa, a clásica greco-romana, a medieval... sen deixar de lado outros temas e motivos máis actuais.
Hai anos comezou a pintar cadros cheos de simboloxía que aluden a lendas e motivos celtas e medievais europeos. As súas obras beben de fontes históricas, pero son totalmente autodidactas, caracterizadas polas súas cores vivas e cunha perspectiva lograda por medio de liñas, que intuitivamente consigue crear profundidade. O seu estilo é tan personal que as súas obras son fácilmente identificables para o bo coñecedor de arte.
Como pintor, traballa o óleo, o acrílico e a plumilla e dende os anos 70 ven realizando exposicións nas máis variadas salas.
EXPOSICIÓNS:
2018. Xaneiro: Presentación Cartel de cego, D. Gaiferos. Portas Ártabras. A Coruña.
2018. Maio. Casino de Ferrol. Camiño de Santiago. Colectiva.
2018. Agosto: O Apocalipse 1. Galería Monty-Ambigú. A Coruña.
2018. Outubro: O Apocalipse 1,2,3. Galería Xerión. A Coruña.
2018. Novembro: Os Pintores Galegos. Colectiva. Galería Xerión. A Coruña
2017. Xaneiro: O Medievo. Sala Portas Ártabras.
2017. Abril: Exposición Cubista. Galería El Almacén.
2017. Maio: Colectiva. Casino de Ferrol.
2017. Maio: Colectiva. Área Asociación Empresarial Tambre. Santiago.
2017. Xuño: Medievo. Sala Mosteiro de Santo Domingo. Concello de Pontedeume.
2017. Outubro: Galería Visol. Colectiva. Cartel de cego. Ourense.
2017. Novembro: Debuxos e Plumillas do libro 'Os Poemas que non podes deixar de coñecer 2', con textos de Mª Eva Ocampo Vigo. Portas Ártabras. Coruña.
2017. Decembro: Debuxos e Plumillas do libro 'Os Poemas que non podes deixar de coñecer 2', con textos de Mª Eva Ocampo Vigo. Galería UNED. Ferrol.
2016. Decembro: Pinturas sobre obras de Valle-Inclán. A Cidade da Cultura de O Gaiás. Santiago de Compostela.
2016. Xullo: Exposición individual na Sala de exposicións do Concello de Betanzos.
2016. Xuño: Debuxos e plumillas no libro 'Los poemas que no puedes dejar de conocer 1', con textos de J. Antonio Ponte Far. Salón de actos da UNED de Ferrol.
2015. Abril: Exposición conxunta do Liceo das Artes e as Ciencias, no Casino ferrolano, Ferrol.
2015. Maio. Exposición conxunta con Fernando Parrilla na sala de exposicións Brigantium.
2015. Xaneiro. Individual no 'Ateneo Ferrolán'. Ferrol.
2015. Xaneiro. Debuxos e plumillas no libro 'Las ciudades de Torrente' (G. Torrente Ballester), de J. Antonio Ponte Far. Salón de Recepcións do Palacio Municipal de Ferrol.
2014. Exposición individual en 'Portas Ártabras' Asociación de amigos dos Museos de A Coruña.
2014. Retrato de Torrente Ballester homenaxeando a unha menina de Velázquez na Exposición conxunta de 'Las Meninas de Canido'. Ferrol.
2014. Exposición colectiva no Casino de Ferrol.
2014. Exposición colectiva no Ateneo de Ferrol.
2013. Exposición individual en Galería Botica das Artes. Santa Cristina. Oleiros (A Coruña).
2013. Exposición individual no Café de Macondo. A Coruña.
2007. Realizou unha serie de postais por encargo da Imprenta Paramés, de Ferrol, coa temática da Virxe de Chamorro (talla románica en pedra do século XII) vestida e adornada según as diferentes épocas.
2007. Paseo pola arquitectura de Galicia. Exposición individual de debuxos a plumilla no Pazo da Cultura de Carballo. A Coruña.
2006. Exposición na sede do Real Toxos e Froles de Ferrol.
2006. Exposición individual na Sala Enxebre. Hostal dos Reis Católicos. Santiago.
2006. Historia gráfica de Galicia. Exposición individual de debuxos a plumilla. Centro cívico cultural. Concello de Arteixo, A Coruña.
2006. Exposición de plumillas. Casa da cultura. Monforte de Lemos. Lugo.
2006. X Xuntanza internacional Palilleiras A Coruña.
2006. Exposición en 'El tranvía'. Pontedeume. A Coruña.
2006. Exposición de Cerámica-Cartón pedra e Marionetas. Feira de Artesanía de Viveiro.
2005. Exposición Individual. Café Hispano, A Coruña.
2005. Ilustracións no 'disco-libro' de Xurxo Mares.
2005. Exposición de Arqueoloxía: Quiñones de León. Vigo.
2004. Exposición Individual. Pub Atlantis, A Coruña.
2004. Exposición itinerante nos Centros Municipais Culturais de Ribeira, Santa Tecla, Camariñas, Allariz...
2003. Colectiva de Artesanía, A Guardia. Pontevedra.
2002. Feria de Artesanía de Viveiro. Lugo.
2001. Exposición Colectiva. Sala de exposicións Centro de Artesanía Provincial da Deputación de Lugo.
2000. Colectiva Plástica Galega. Galería Gerión, A Coruña.
1991. Centro Cívico de A Guardia. Pontevedra.
1988. Debuxos a plumilla en 'Guía de árbores do Parque de Santa Margarita'. Casa das Ciencias. A Coruña.
1988. Revista Come & Calla, nº3, setembro.