Juan Ramón Martínez Barbosa


Data de Nacemento: 20 de decembro de 1977
Lugar de Nacemento: O Rosal (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realiza os seus estudos básicos no colexio PP Somascos de A Guarda, ata remata-lo bacharelato superior.
En 1996 ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que cursa na Facultade de Historia.
Colaborador do Boletín Informativo Municipal (BIM) de O Rosal, na actualidade no nº 47. Coopera na publicación da Memoria da Festa do Cabaqueiro, hoxe na súa XIX edición.
Dende xullo de 1999 participa nas escavacións que realiza a empresa de arqueoloxía Anta de Moura, con sede en Tui. Traballa nalgúns dos xacementos máis importantes de Galicia, tales como o da rúa Rosalía de Castro, en Vigo, onde se produciu o descubrimento de saíñas romanas; na sondaxe arqueolóxica do Campus Lagoas-Marcosende (CUVI) ou nas escavacións dos montes de Chandebrito (Nigrán). Así mesmo participa nos traballos arqueolóxicos do casco histórico de Pontevedra, na praza de Curros Enríquez ou no estudo da Casa das Campás, tamén en Pontevedra.
No ano 2003 é designado Socio de Número do “Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea” e especialízase no sector turístico da comarca do Baixo Miño.
Durante os anos 2005 e 2006 desempeña as funcións de colaborador do departamento de Cultura, sendo nomeado Auxiliar de Turismo do Concello do Rosal.
Nese mesmo ano é designado Técnico de Campo da Toponimia no municipio rosalés, dentro do Proxecto Toponimia de Galicia, desenrolado polo SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia).
Na actualidade (2008) é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Traballa como Técnico de Turismo no Concello do Rosal, exercendo á vez de Guía de Ruta nos Muíños do Folón e do Picón (declarados Ben de Interese Cultural) encargándose tanto da Oficina de Información sita no muíño nº 1 do Folón, como das diferentes rutas de sendeirismo que se ofertan dende o concello rosalés.
É coautor con Xoán Martínez Tamuxe do libro Memoria Histórica da capela da Madanela no Monte da Pedrada e vestixios dunha fortaleza (2007).

 Obras realizadas

Entre outros artigos e colaboracións histórico-literarias da súa autoría destacan:
-‘Visión histórico-ciclista en nuestro municipio de O Rosal’, no Libro de Festas do Pilar, O Rosal, 1993.
-‘Las raíces del Fútbol en nuestro municipio’, en “O Pilar, Festas Patronais”. O Rosal, 1994.
-‘Reseña histórica. El Fútbol en Tabagón’, en “Libro de Fiestas en Honor a la Virgen de la Salud y San Blas”, San Juan de Tabagón. A Guarda, 1997.
-‘Dos lugares de paso (pontellas) sobre el Río Padín’, en “Festas en honor a San Xoán”. Martín, O Rosal, 1997.
-‘Noticias de ayer: hizo y hace 100 años’, en Libro Festas do Monte Santa Trega, 1997. A Guarda, 1997.
-‘Vestigios de un desaparecido cruceiro en Eiras’, en XVIII Festa da Solla. San Bartolomeu. Eiras-O Rosal, 1997, Comisión de Festas, A Guarda, 1997.
-‘Un sepulcro medieval en Tabagón’, no Libro de Festas da Saúde e San Blas de Tabagón. A Guarda, 1998.
-‘Aportación a una bio-bibliografía de Tomiño y sus parroquias’, en “O Anunciador do Alivio. Libro conmemorativo do 50 aniversario das Festas da Virxe do Alivio”, Comisión de Festas, A Guarda, 1998.
-‘Origen de los archivos parroquiales. El de Tabagón’. Libro de Festas, O Rosal, 1998.
-‘Bronce Final o Atlántico en el Museo y Castro de Santa Tecla (A Guarda)’ en Libro de Festas do Monte de Santa Trega, A Guarda, 1998.
-‘Tabagón no es político, sino más bien tierra de políticos’, en “Libro de Fiestas de la Salud y San Blas, 1999. San Juan de Tabagón, Comisión de Fiestas de la Salud y de San Blas”, A Guarda, 1998.
-‘Muíños, serradoiros e outras industrias de Couselo-Valdemiñotos. (Parte do Patrimonio Histórico e Cultural do Concello)’, en Libro de Festas de San Isidro Labrador (Patrón dos Agricultores), Comisión de Festas de San Isidro, O Rosal, 2000.
-‘Armas e libros antigos. VII Exposición Etnográfica (Apuntes Históricos)’, editado polo Concello do Rosal e a Comisión de San Gregorio, O Rosal, 2000.