Co-fundador da Agrupación Cultural Guardesa; Grupo de Pintores Guardeses, Grupo de Gaitas Orballo e da Sociedade Atlética do Trega.
Foi promotor da recuperación dos montes comunais de A Guarda, Camposancos e Salcidos, así como da defensa do Esteiro do Miño como Espacio Natural Protexido. É membro da xunta rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común, de A Guarda. Asemade é membro da Comisión Pro-Fosa Común, de A Guarda, así como da Asociación Pro-Monumento a D. Hermelindo Portela Gómez.
Desde xaneiro de 1980, é correspondente informativo do xornal Faro de Vigo.
Colaborou entre outros medios en: Hoja del lunes, Faro del lunes; A Nosa Terra; Diario de Granada; A Peneira; O Caminhense, Radio Noroeste e Axencia EFE...
É autor da guía turística "A Guarda: As craves para coñecela sen presas", editada en 1992 polo concello guardés, e publicada en sete idiomas comunitarios.
Asemade é autor de numerosos traballos (entrevistas, reportaxes...) sobre temática diversa (Arqueoloxía, Arte, Deportes, Festas, Gastronomía, Pesca, Turismo...) e sobre artistas de A Guarda e bisbarra, publicados na prensa ou en libros colectivos, salientando entre outros: “Relouquido polo meu pobo”, “Pola recuperación dos muíños de vento”, “O monte é do pobo”, “Pola normalización do brasón heráldico de A Guarda”, “Joaquín García Ferreira, un fotógrafo autodidacta”, “Lembranza das argaceiras”, “Relembrando a Manuel Lomba Gómez “Tilán”: Casos e cousas de un mariñeiro popular”, “Germán Rey Flores: O Baixo Miño está reflectido na súa obra pictórica”, “Lembranza de Luis Cadilla González (Cadilla): Un artista guardés da fotografía”, “Carlos Etayo Elizondo: su última singladura”, “1996-2006: Dez anos relembrando a Eliseo Alonso”, “Antonio Medal: Un pintor vencellado o pobo de A Guarda”; “Constantino Candeira Pérez (1892-1962): Un egrexio arquitecto e intelectual guardés”; “O pintor Don Fernando Alvarez de Sotomayor y Zaragoza, e súa estadía em A Guarda”; “Apuntes xenealóxicos de A Guarda” y “Xavier Pousa Carrera: Lembranza a un egrexio artista goainés vencellado a vila de A Guarda”.
Desde setembro de 2007 edita e dirixe o xornal dixital Infogauda http://infogauda.blogspot.com
1992. I Premio de Xornalismo "Vila de A Guarda", convocado polo Concello de A Guarda.
Foi incluído na sección de Novos Valores da Bienal de Pontevedra; en Arte Xoven Galego, de El Corte Inglés e tamén nun Certame de Artistas Noveis, de Caixavigo,..., entre outras, obtendo varios galardóns (Mención de Honra, na Mostra de Artistas do Baixo Miño (Tui) e obra premiada, na Exposición de Artistas Noveis, da CAMV.
En maio de 2001, co gallo do Día das Letras Galegas, foi homenaxeado pola Agrupación Cultural Guardesa.