María Isabel Fernández García


Data de Nacemento: 2 de Xullo de 1949
Lugar de Nacemento: Tetuán (Marrocos)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doctora en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1974), Catedrática de Universidade do Departamento de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (2011), profesora Titular de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (1988-2011), profesora adxunta ou Titular interina de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo da Universidad de Santiago (1975-1987), profesora axudante de clases prácticas de Química Analítica na Facultade de Química (1971-74), profesora a tempo completo no antigo Colexio Universitario de Lugo e hoxe Facultade de Ciencias e na Escola Politecnica Superior de Lugo. Directora ou codirectora de 8 tesis de doutorado, de 7 tesis de licenciatura e 57 proxectos fin de carreira.

 Obras realizadas

E coautora dos seguintes libros: Determinación de residuos de plaguicidas organofosforados en mieles de Lugo (1992) , Residuos en mieles de pesticidas organofosforados usados en el tratamiento de vegetales en las comarcas lucenses de Lemos, Lugo y Sierras Orientales (1993), Manual Práctico de Química Agrícola.(Unha guía para licenciados e enxeñeiros), 1998, Manual de Laboratorio de Química Xeral e Agrícola ( 2001), Libro de resumos do Simposio científico “Ións metálicos en sistemas biológicos” ( 2014) e autora da monografia “Manuela Barreiro Pico, Ribadense destacada, 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia, 2017. Pertence o grupo de investigación group web: GI-1584 de Química Bioinorgánica e Supramolecular e CienciaNOSA de historia da Ciencia e das científicas e científicos galegos. Autora e coautora de 98 articulos científicos. Mais de 150 comunicacións a congresos nacionais e internacionais. Realizou estancias curtas de postgrao no CNRS (Centre National de Recherche Scientifique) no Laboratoire de Coordination de Toulouse (France) no 1986,1987,1991 e 1996. Profesora tutora do Programa Intercampus durante 7 convocatorias 1996-2001.

 Outros datos de interese

Ten máis de 30 artículos de divulgación científicos e de xénero así como máis de 20 conferencias de divulgación científica. Recibiu os seguintes premios, Premio Tesis Doctoral 1975 de la Excma Diputación Provincial de Pontevedra, Premio X Premio Luisa Villalta A Iniciativas Normalizadoras 2013 del Servicio de Normalización Lingüistica de la Universidade da Coruña, Premio Vi Edición Dos Premios Á Introdución da Perspectiva de Xénero na docencia e na Investigación (2015), Premio INLUGO, 1º Premio, Modalidade Tecnoloxia. Deputación Provincial de Lugo (2016) e Premio 1º Premio Categoria Divulgación Colectivo Lemos Le do “IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos. O Saviñao 2017”, Balbina López Somoza. Desempeñou cargos de xestión (Xefa de Estudos da Sección de Química do Colexio Universiario de Lugo, equivalente a Vicedecana) e membro do Claustro Universitario e da Comision de Investigacion do Vicerectorado. Vocal e Presidenta de Comisión Delegada da CIUG durante mais de 20 anos.