Juan Ordóñez Buela


Pseudónimo:Ordoño II
Categoría: Enxeñeiro de telecomunicacións
Data de Nacemento: 13 de decembro de 1933
Lugar de Nacemento: Asados - Rianxo (A Coruña)
 Currículum

Cando tiña nove anos trasladouse cos seus pais e irmáns a San Juan de Laiño, Bexo. Posteriormente viviu noutras cidades da xeografía española como Santiago, A Coruña, Bilbao, Sevilla, Cáceres, Alcalá de Henares e Madrid, onde vive actualmente casado con Mª Elena Sueiro Suárez e os seus cinco fillos. Enxeñeiro de Telecomunicacións, traballa actualmente como interventor do Centro Galego de Madrid. É membro da Enxebre Orden da Vieira, da Asociación dos Amigos do Camiño de Santiago en Madrid e da Asociación de Amigos do Río Ulla.

 Obras realizadas

Desempeñou distintos cargos en Manufacturas Metálicas Madrileñas, CTNE, Ertisa, Barreiros e Philips Ibérica. Colaborou con El Correo Gallego e outros periódicos nacionais.

 Outros datos de interese

Foi condecorado polo Rei. É afeccionado ó montañismo.