Miguel Ángel Macía


Categoría: Pintor, profesor e escultor
Data de Nacemento: 29 de xullo de 1955
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Facebook

   Cultura
 Currículum

É doutor "cum laude" en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Valencia, 1985.
Conseguiu unha beca en El Paular (Segovia) en 1985. Realizou os estudos de Serigrafía na Escola de Artes Aplicadas de Lugo e de Gravado Calcográfico na Universidade Menéndez Pelayo en A Coruña. É profesor de Debuxo e Plástica no Instituto "Lucus Augusti" de Lugo. Conseguiu unha beca no Barco de Valdeorras e no "Taller Picasso" de Unión Fenosa.

 Obras realizadas

A súa primeira exposición individual é no Círculo das Artes de Lugo no ano 1975, facéndoo con posterioridade en outras cidades da xeografía española ata un total de trinta e unha. En 1997 é invitado pola Xunta de Galicia a realizar unha exposición individual itinerante polas catro provincias galegas. En marzo de 1998 expón pintura e escultura na Galería Detursa de Madrid e no ano 2002 realiza unha macro exposición individual no Museo Provincial de Lugo, con cadros de paisaxes realizados en Francia, Alemania, República Checa e Austria. En 2006 e 2007 expón na galería Altea de Madrid en 2008 na Casa do Libro de Vigo e no 2009 na galería Sharon Art de León.

Exposicións colectivas:
Participa en máis de cen exposicións colectivas das que destacan:
1976. Bimilenario Cidade de Lugo.
1982. Salón de Primavera, Valencia.
1982. XIV Exposición Nacional "El metal en el arte", Valencia.
1983. Nova Xeneración de Artistas Lucenses. Itinerante por Galicia.
1984. VIII Premio Blanco y Negro, Madrid.
1986. 17 Pintores de Lugo, Buenos Aires.
1989. I Mostra Unión Fenosa. A Coruña.
1996. Primeiro Salón de Outono de Pintura, A Coruña.
1998. Centenario do Circulo das Artes, Lugo.
2002. Novas aportacións ós fondos do Museo Provincial de Lugo.
2003. Cadros premiados nos Certames de pintura rápida de Lugo.
2006. Feira Puro Arte, Vigo.
2008. Salón de Outono de París, Espace d’Auteuil, París (Francia).

 Outros datos de interese

Especialista en pintura de murais, participa en diversas becas e talleres e obtén dez premios de pintura en certames de Galicia e Valencia incluído o Premio Cidade de Lugo de Pintura no ano 1996. Fundou o grupo "La Espeteira" e a Asociación de Artistas Plásticos de Lugo xunto con outros artistas da cidade. Compaxina a súa laboura pictórica coa escultura en madeira, preferiblemente autóctona, e o modelado en arxila ou gres de Galicia. Participa como membro en diversos xurados de pintura e de debuxo. A súa obra figura en diversos museos, coleccións públicas e privadas.