Durante dez años (1755-65) levou a cabo importantes misións na costa de África e Oceanía, principalmente no Mar da China. Os seus viaxes a Oriente iniciáronse cunha expedición ó Mar de China, despois realizou tres viaxes a Filipinas. En 1774 foi o encargado de explorar algúns arquipélagos para rectificar algúns erros que había nos mapas e cartas marítimas.
Algunhas das súas obras son: Diario de la navegación de la escuadra y convoy del mando del marqués de Casa-Zilly; Diario de navegación del navio "Poderoso" de Montevideo a España, etc.
Despois do seu ascenso a tenente xeneral (1780) foi nomeado capitán xeneral do Departamento de Cádiz. Recibiu numerosas condecoracións, destacando a gran cruz de Carlos III.