Helena Miguélez Carballeira


Categoría: Filóloga
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo na promoción do 1996-2000. Logo mudouse a Edimburgo (Escocia) para facer un Máster en Estudos de Traducción, e despois do máster fixo un doutoramento en Estudos Hispánicos pola Universidade de Edimburgo. Foi profesora asociada no departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Aberdeen no 2004 e en xaneiro de 2005 gañou a praza de profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Universidade de Gales, Bangor. Actualmente é xefa da sección de español neste departamento e directora do Centro de Estudos Galegos en Gales.

 Obras realizadas

Ten publicado traballos académicos nas revistas especializadas "The Translator" e "Bulletin of Hispanic Studies", ademais de contribuír con reseñas regularmente en publicacións como Translation Studies, Grial, Bulletin of Hispanic Studies, The Translator, etc...