Licenciado en Arquitectura en 1989 pola Universidade de Santiago.
Máster pola Columbia University de Nova York en 1991.
Estudios de posgrao na “Escola de Design” de Porto,1994.
En 1996 funda o estudio “CSA arquitectura” (www.csaarquitectura.com).
En 2010 funda o “CAinstitute” para promover internacionalmente a arquitectura galega (www.cainstitute.es).
Desde 1996 é profesor colaborador na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña.
En 1990 foi nomeado profesor e director de departamento na Escola AA.OO. de Deseño do Moble de Ourense.
Entre os anos 1991 e 1993 colaborou profesionalmente nos estudios “ETC. Engineers & Planners” e “Viñoly Architects” de Nova York. En 1993 iniciou a súa colaboración con Álvaro Siza no seu estudio de Porto.
Desde 1999 mantivo distintas colaboracións con David Chipperfield, Peter Eisenman e Álvaro Siza como asociado local para os seus proxectos en Galicia.
Autor de diversos artigos e publicacións, destacando a publicación de arquitectura: 2puntos.e o libro FCI, Siza.
Ten recibido varios premios de arquitectura, pintura e fotografía, destacando o Premio Juana de Vega á mellor vivenda de 2010, o X Premio COAG de rehabilitación así como a mención de honra no XIV Premio COAG para edificación de nova planta.
En 2013 foi seleccionado como un dos deseñadores de mobles galegos para formar parte da produtora Amosega: www.amosega.com