David Otero Fernández


Categoría: Mestre, escritor e animador á lectura
Data de Nacemento: 27 de decembro de 1946
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É membro fundador do Pen Clube de Escritores Galegos, de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da Fundación Castelao, da A.C. ‘O Brado’, da Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Padroado San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense, da Asociación dos amigos dos Pendellos da Golada, do Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e de Irimia.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas Áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos Programas de Lingua e de Literatura Galegas para o ensino non universitario e colaborou na autoría de Libros de Texto de Lingua Galega nas editoriais Xerais e Galaxia. Foi codirector da colección ‘Árbore’ de Literatura Infantil da editorial Galaxia.

 Obras realizadas

É autor de biografías (‘Castelao Corenta anos despois’, Ed. O Castro; ‘A vida de Rafael Dieste’; ‘A vida de Xesús Ferro Couselo’; ‘Don Eladio Rodríguez González’; ‘Colección Árbore’, Galaxia e ‘Castelao’, Colección Biografías, Ed. Ir Indo), didáctica da lingua galega (‘¿Qué facer coas palabras?’, Colección Ágora. Ed. Galaxia), poesía (‘Para iso está o futuro’, Ed. A Fervenza) e narrativa (‘Castromil no espello de Compostela’, Colección Contos do Castromil, Ed. Irindo). Colaborou nos seguintes libros colectivos: ‘Contos da Xustiza’ (Ed. Irindo), ‘Manuel D. Varela Buxán, O Patriarca do Teatro Galego’ (Col. Deza Básicos, 3), ‘Polos camiños da literatura, Escritores Galegos do PEN’ (Ed. Pen Clube de Galicia-Xunta), ‘Manuel Reimóndez Portela na lembranza’ (Ed. O Castro), ‘Un futuro para a lingua’ (Ed. Xunta de Galicia), ‘Manuel María’ (Ed. Ophiusa), ‘Territorio Auroral’ (Ed. Consorcio de Santiago), ‘Actas Congresos Castelao’ (1986 e 2000), Ed. Fundación Castelao y Xunta de Galicia, ‘Actas Congreso Eladio Rodríguez González’ (Ed. Xunta de Galicia), ‘Meniños’ (Ed. Xunta de Galicia), ‘Dez anos creando ilusións’ (Ed. Centro Xuvenil Don Bosco), ‘E dixo o corvo’ (Ed. Hospital Xeral de Galicia e Xunta de Galicia), ‘Contos para nenos’ (Ed. Citania), ‘Contos de ler e contar’ (Consellería de Cultura), ‘Narradio, 56 historias no ar’ (Ed. Xerais), ‘Homenaxe poética ao Trobador Xohán de Requeixo’ (Ed. Xosé Méndez e X. Lois García) e ‘VI forxa literaria, Encontros Culturais no Rural’ (Ed. Fundación Casa Museo ‘A Solaina’ de Piloño).

 Outros datos de interese

Colabora en distintas revistas e xornais como: ‘El Correo Gallego’, ‘O Correo Galego’, ‘Revista Galega de Educación’, ‘Fadamorgana’, ‘Faro de Vigo’, ‘La Voz de Galicia’, ‘Diario de Pontevedra’ e ‘Tabeirós Terra’.