Juan Carlos Rodríguez Sánchez


Categoría: Publicista
Data de Nacemento: 1 de xuño de 1957
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de Estudios Avanzados da Facultade de Económicas da Coruña. Realizou varios cursos de mercadoteoría, publicidade, comunicación e novas tecnoloxías aplicadas á prensa e levou a cabo diversos traballos como asesor publicitario, creativo, coordinador comercial promotor (La Voz de Galicia), director comercial ou de publicidade no xornal La Región – Atlántico Diario e conselleiro delegado na empresa Imagen Press-Noticias, 24 Diarios. Na actualidade, é director xerente do grupo Galicia Media, que engloba publicidade, comunicación, deseño, traducción (Anosar Traducciones) e edición (Ediciones Lea-Laverde), así como a axencia de publicidade Canle de Comunicación.

 Obras realizadas

É autor de varios libros sobre diversos temas, entre os que destacan a psicoloxía e os deportes relacionados co mundo do mar. Participou no proxecto-empresa “Mesa de turismo náutico. Informe de situación e inventario de datos”. É membro da Comisión de Imaxe e Comunicación Corporativa do Consello Galego de Cultura.

 Outros datos de interese

É director da revista de submarinismo “Espacio Submarino”.