Arturo Brea Pasín


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 28 de maio de 1928 (†decembro de 2008)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela

   Cultura
 Currículum

Ós trece anos comezou a traballar como tallista con ‘Saavedra Hermanos’ en Santiago de Compostela; estuda na Escola do Traballo co mestre Asorey, cursa solfexo e pinta ó óleo coa artista Elvira Santiso. Tres anos despois xa é oficial de segunda de talla ornamental en madeira. Entra en ‘Manufacturas Compostelanas’ e ós dezasete anos noméano oficial de primeira. Ó mesmo tempo estuda Artes e Oficios. En maio de 1949, marcha a Madrid para coñecer os importantes museos da capital. Instala o seu primeiro taller na Coruña e ós vintecinco anos decide ampliar estudos en Madrid, onde chega a ser profesor titular da Escola Maior de Arte. Ós doce anos deixa o profesorado e instala o seu taller en Madrid e en 1957 regresa á Coruña. Dedícase ós encargos e fai algunha exposición na Asociación de Artistas, expón con Seijo Rubio en Betanzos, etc. Traballa alternando o seu taller de Madrid co da Coruña. En 1963 noméano académico de número da Real Academia de Belas Artes, ocupando a praza do seu mestre Asorey. Posteriormente, con motivo da súa instalación en París, pásano a académico correspondente en 1975, gardándolle a praza de numerario. En 1964 vai vivir a París e busca un estudio, onde realiza obras excepcionais. As súas exposicións eran moi visitadas por personaxes ilustres. En Bélxica créase un ‘club de fans‘, que leva o seu nome. O 28 de xuño de 1982 expón en París con gran éxito, despois en Bucarest e en 1988 na Galería Antik & Kunt – Düsseldorf (Alemaña) e distintas capitais da Europa continental. En Düsseldorf (Alemaña) vive durante oito anos con taller propio e estuda o expresionismo en profundidade. En 1991 regresa á Coruña, reincorpórase á Academia de Belas Artes como académico de número.
En 1992 promove a exposición ‘Espacio Internacional- Carballo 92’.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Círculo das Artes (Lugo), Asociación de Artistas (A Coruña), Liceo de Betanzos, Betanzos (A Coruña), Galería Arte (A Coruña), Caixa Municipal de Aforros (Vigo), Galería Elisees Rond Poin (París), Campos Elíseos (París), Galerie G. Dünnebacke, Düsseldorf (Alemaña), Galería Creación, Saint-Honore (París), Ratingen (Alemaña), Galería Mallmann, Düsseldorf (Alemaña), Le Centre de Recherches Creer (París), Galería Nova Rúa Arte (Lugo), Galería Bucarest (Rumanía), Antik und Kunst, Düsseldorf (Alemaña), Biblioteca da Embaixada (París), Centro Galego (Madrid), Galería Backe, Düsseldorf (Alemaña), Expo Internacional - Carballo 92, Carballo (A Coruña), Espacio Internacional - Carballo 92, Carballo (A Coruña), Galería Arte e Imagen (A Coruña), Galería José Lorenzo, Santiago de Compostela (A Coruña) e Sala del Hércules Coruñés (A Coruña).

BIBLIOGRAFÍA
-‘Lófficiel des Arts. Annuair International des Arts Plastiques. sous le haut patronage de la commission franÇaise pour L´Unesco’, Tomo 1 (Francia).
-Batik Art- Publiart S.A., Sirga Editions S.L. (Nova Iorque).
-‘Dienstag’, Bucarest (Rumanía).
-‘Kultur – Handbuch’, Kreises Mettmann. Bildende Künstler (abril 1986).
-‘Gallegos 91. Quién es quién en la Galicia de los 90’, El Correo Gallego.
-‘Kindler Verlag Zürich. Kurt Fassmann’, Editoriale Giovanni SPA 1986, Vicenza (Italia).
-‘Weltkunst’, Munich (1989).
-‘Gran Enciclopedia Gallega’, Silverio Cañada, editor (1974).
-‘Directorio de Académicos’, Xunta de Galicia, Saf-Arte Galicia, Editores (1966).

 Outros datos de interese

Páxina Web: www.breapasin.com