Lázaro Duyos Jordán


Categoría: Actor e manipulador de títeres
Data de Nacemento: En 1967
Lugar de Nacemento: Remedio (Cuba)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Recibiu formación como actor e manipulador dentro do Guiñol Nacional de Cuba e ampliou a súa formación cun curso de manipulación e dramaturxia impartido por Armando Morales (director do Guiñol Nacional de Cuba), un curso integral de teatro de títeres, impartido por Roberto Espina e Héctor Di Mauro e adestramento na técnica de manipulación do títere de guante chino polo titiriteiro Yang Fai. En 2002, participou tamén no curso de verán UNIMA.
Polo que respecta á súa experiencia laboral, debutou en 1983 no Teatro de Títeres Rabindranath Tagore, manténdose no mesmo ata 1987. Neste ano ingresou no GUIÑOL NACIONAL de Cuba, no que participou en dezaseis montaxes e sete xiras internacionais como actor teatral e manipulador de diversas técnicas de manipulación de títeres. En 1995 crea TÍTERES CASCANUECES, un proxecto unipersoal titiriteiro co que participa na Feira do Libro de Guadalaxara (México, 1996). Dous anos despois trasládase a Galicia, onde actualmente TÍTERES CASCANUECES mantén a súa sede. Entre 1997 e 2003 vaise creando o repertorio de teatro de títeres da Compañía TÍTERES CASCANUECES, dedicado especialmente ó público infantil, aínda que ten obras específicas para o público adulto:
-‘Un cuento viejo vuelto a contar’ (Infantil).
-‘Redoblante e Meñique’ (Infantil).
-‘A rúa das fantasmas’ (Infantil).
-‘Ikú & Elegguá’ (Infantil).
-‘La República del Caballo Muerto’ (Adultos).
-‘O astrólogo, María e a pócema marabillosa’ (Infantil).
-‘Fausto’ (En producción; adultos).

 Obras realizadas

1989: Xira por Italia, Festival de Murgia, San Miniato e Salerno.
1990: Festival CIPADE 90, Lima (Perú).
1992: Primeira Bienal Itinerante de Teatro para nenos (Venezuela).
1993: Xira por Venezuela, Segundo Festival Iberoamericano de Teatro e Títeres para nenos (Arxentina).
1994: Primeiro Obradoiro Internacional de Teatro de Matanzas (Cuba); Sétimo Festival Internacional de Monólogos e Unipersoais.
1995: Octavo Festival de monólogos e unipersoais da Habana.
1996: Feira do Libro, Guadalaxara (México).
1997: Mostra Internacional de Ribadavia.
1999: Festival Internacional de Santiago de Compostela.
2000: Festival Internacional de Títeres de Santiago, Lugo e Pontevedra.
2001: Festival Internacional de Títeres de Lugo.
2002: Galicreques 2002 e Mostra de Teatro de Cee.
2003: Mostra Títeres de Oviedo.
2004: Festival GALICREQUES (Lugo).

 Outros datos de interese

Foi galardoado co o premio a novos valores, outorgado pola UNIMA no Festival Internacional Santiago de Cuba (1990) e o premio UNEAC de actuación, teatro para nenos no Sétimo Festival Internacional de Monólogos e Unipersoais (A Habana, 1994). Recibiu, ademais, una mención da Asociación Hermanos Sáiz no Forum UNEAC (F.B.C.) e mención á dirección artística no Concurso UNEAC de teatro para nenos (1990).
Web: www.titerescascanueces.com