Raquel Vázquez Ramil


Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse en Xeografía e Historia en 1983 na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario. Becaria do Instituto da Muller de Madrid (1988) e da Fundación Ortega y Gasset, tamén de Madrid (1983-1985), onde colaborou na catalogación do arquivo da Residencia de Señoritas. Tese doutoral sobre "La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas de Madrid", defendida na Facultade de Xeografía e Historia da USC en marzo de 1989. Premio extraordinario de doutoramento, sección Historia (1989: Especialista universitaria en Traducción pola UNED:, entre 2002 e 2013 traduxo mais de noventa libros do inglés ao español; entre eles "Coraline", de Neil Gaiman, "El candor del padre Brown", de Chesterton, ou "El robo de la Historia" de Jack Goody.

Tutora de Historia del Mundo Contemporáneo do centro asociado da UNED de A Coruña, aula de

Ferrol, entre 2011 e 2017. Profesora de Didáctica das Ciencias Sociales na Escola de Maxisterio CEU. Universidade de Vigo, entre 2012 e 2017.

Desde setembro de 2017 é profesora da Universidade de Valladolid, no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais, Sociais e da Matemática, e coordina a área de Didáctica das Ciencias Sociais na Facultade de Educación de Soria.

 Obras realizadas

Obras:

- "Mujeres y educación en la España contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza", Madrid, Akal, 2012.

- "La mujer en la II República". Madrid, Akal, 2014.

- "María de Maeztu. Una antología de textos", Madrid, Dykinson, 2016 (en colaboración con Ángel Serafín Porto Ucha).

- "En el centenario del Instituto.Escuela. Obra educativa de los institucionistas". Soria, Ceasga, 2019. En colaboración con Ángel Serafín Porto Ucha.

- "O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela Nacemento e evolución (1969-2019) (2020). Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC.