Viviu en Galicia desde os seis anos, onde levou a cabo a súa actividade pictórica e docente (era catedrático de Debuxo e Caligrafía).
José Seijo creou unha extensa obra que se atopa repartida por museos e coleccións particulares. Destacan fundamentalmente os seus lenzos El mar siempre azul, Fiesta de muradanas, O cego de Santa Margarita, Na porta da Casa, Calle de Damas, entre outros.
Conseguiu a segunda medalla na Exposición hispano-francesa de Zaragoza (1908) e a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1926) polo seu cadro La marisma. Foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia Galega e da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Foi membro de honor e presidente da Asociación de Artistas da Coruña.