Estudiou Ciencias Biolóxicas. Licenciouse en Santiago de Compostela no ano 1978. É catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES Xoán Montes de Lugo. Poeta, narrador, novelista e ensaísta. Especialista en mitoloxía popular e literatura de transmisión oral. Gañou os premios de novela García Barros (1990), Xerais (1998) e Merlín de literatura infantil e xuvenil (2002). Premio de poesía Eusebio Lourenzo Baleirón (1995) e Esquío (1996). Premio Xenciana de relato fantástico (1995) e premio Modesto Figueiredo de relatos (1988). A súa obra Pel de lobo figura na lista de honra do IBBY.
Novelas: Historia dun paraugas azul, Infancia e desventura de Lino Carrán, A tres bandas, Morning Star, Ariadna e Pel de lobo. Novelas infanto-xuvenís: Feitizo, Lúa e os nubeiros, Álvaro e Álvaro. Relato: Triloxía Pánica, O demo á orella, A biblioteca da iguana, Tarxeta vermella, Partenoxénese e Príncipe inconsolable. Poesía: Amantes e viaxeiros, Carozo azul, Sonetosfera, Permiso para o corso e As cidades mergulladas. Relato para nenos: O coello Federico e os morodos e Un trasno de Lugo no tour de Francia. Obra en colaboración: 20 tomos da colección Cabalo buligán de contos da tradición oral, Diccionario dos seres míticos galegos, Antoloxía do conto de tradición oral, Contos colorados, Pequena mitoloxía galega, Cando os animais falaban e Arrepíos e outros medos.