Realizou o bacharelato en Lugo e a carreira de Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Ó acabar foi nomeado xuíz titular de Icod de los Vinos, posteriormente de Santa Cruz da Palma, e despois de varios anos naquel xulgado, ascendeu a maxistrado e consolidou o seu ascenso facéndose cargo dun posto na Audiencia Provincial de Tenerife, da que chegou a ser Presidente. Cando o gobernador civil de Tenerife tivo que ausentarse da illa, José Ramón Fernández Díaz tivo que ocupa-lo seu posto, ó estar así establecido por lei, e confirmou as medidas que tomara o titular ausente ante a folga xeral que fora convocada polo sector tabaqueiro. Durante un dos seus habituais paseos foi asasinado na Praza de San Francisco.