José Ramón Fernández de la Cigoña Núñez


Categoría: Sacerdote xesuíta e escritor
Data de Nacemento: 1 de agosto de 1942
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Teléfono: (054 32) 3216-2396
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou o bacharelato no Colexio Apóstol Santiago de Vigo. En 1960 entra na Compañía de Xesús, marchando a Brasil en 1964, onde estudou Filosofía e Pedagoxía. En 1970 iniciou Teoloxía en S. Miguel, Bos Aires (Arxentina) e estudou Teoloxía Espiritual na Universidade Gregoriana de Roma (1971-74). En 1998 realizou un Curso sobre o Antigo Testamento en Xerusalén (Israel). D. José Delicado Baeza ordenouno presbítero en Vigo o 31 de agosto de 1972.

 Obras realizadas

Publicou algúns libros en lingua portuguesa, entre os que destacan: ‘Oração e libertação’ (1976), ‘Você, Para quê? Para quem?’ (1979), ‘Discípulos do Senhor hoje’ (1981), ‘Na terra como no céu’ (1982), ‘Ao encontro de Inácio de Loyola’ (1983/ 2005), ‘Acompanhamento Vocacional: um caminho’ (1988) e ‘O demônio meridiano’ (2002). Ademais, escribiu diversos artigos de espiritualidade na revista ‘Manresa’, España (1973), ‘O mensageiro de S. Antônio’, Itália (1973) e outros moitos en ITAICI, Revista de Espiritualidade Inaciana (1992-2005). Coordinou a publicación do Manual de Pastoral Vocacional da Compañía de Xesús para América Latina (2005).

 Outros datos de interese

En 1975 foi membro do Equipo Pastoral do ISI / Belo Horizonte, fundador da Comunidade Vocacional (1980), membro do equipo fundador do CEI-ITAICI/SP, diretor do Centro de Pastoral de Xuventude Anchietanum/SP (1995-1998) e director da Comunidade Vocacional en Juiz de Fora/MG (1999-2005) e membro do equipo central da CPAL (Conferencia dos Provinciais da Compañía de Xesús de América Latina), coordinando o Sector de Vocacións.