José Pan de Soraluce


Categoría: Político e diplomático
Data de Nacemento: - (†19 de marzo de 1948).
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Despois de finaliza-los seus estudios diplomáticos, foi destinado a París, onde desempeñou o cargo de vicecónsul. Durante esa época escribiu unhas crónicas xornalísticas que se publicaron no xornal coruñés El Noroeste baixo o pseudónimo de "Micromegas". Posteriormente, regresou á Coruña e foi elixido deputado en Cortes en 1918. Tres anos máis tarde obtivo un posto no Senado e en 1930 foi nomeado subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Despois da súa actividade política, volveu á carreira diplomática e foi destinado a embaixadas de diversos países. Trala Guerra Civil, ocupou os cargos de conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores. Faleceu en Madrid o 19 de marzo de 1948.

 Obras realizadas

En 1908, publicou unha obra narrativa titulada La ciudad encantada.

 Outros datos de interese

O concello da Coruña dedicoulle unha rúa.