Mª Ofelia Carnero Vázquez


Data de Nacemento: 23 de xuño de 1964
Lugar de Nacemento: Sanxenxo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Xeografía e Historia na Sección de Arte, nas especialidades de Arte Antiga e Medieval e en Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Participante nas intervencións arqueolóxicas levadas a cabo no anos 1984 e 1986 no Castro de Penalva (Campolameiro, Pontevedra).
Traballo de reorganización, catalogación e montaxe da Sección de Arqueoloxía e Etnografía do Museo Provincial de Lugo, desde febreiro de 1990 ata xaneiro de 1993.
Desempeñando o posto de Técnico da Sección de Arqueoloxía/Historia no Departamento de Catalogación/Documentación do Museo Provincial de Lugo, dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Membro fundador do Equipo “Chaira” no ano 1992 xunto con M. Salvador, A. Reigosa e X. Cubas, dedicado a investigación etnográfica e o estudio da literatura oral popular en Galicia.

 Obras realizadas

Coautora do libro “Maruja Mallo, la gran desconocida en Galicia”, editado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Libro “Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances”, en colaboración con M. salvador, A. Reigosa e X. Cuba, editado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo (1998).
Libro “Da fala dos Brañegos. Literatura oral do Concello de Abadín”, en colaboración con M. Salvador, A. Reigosa e X. Cuba, editado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo (2004).
Artigo “Los botones de bronce en el Museo Provincial de Lugo”, VII Boletín do Museo Provincial de Lugo, Volume 1 (1995-96).
Artigo “Unha Polavila en Candelos”, en colaboración con M. Salvador, A. Reigosa e X. Cuba, X Boletín do Museo Provincial de Lugo (2001-2002).
Artigo “El candado romano con máscara de Lugo”, XIII Boletín del Museo Provincial de Lugo (no prelo).

 Outros datos de interese

É conferenciante sobre temas de arte relacionados co Museo e sobre o Camiño de Santiago.